De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
A Coruña, 27 de setembro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesados: Instalaciones Regueiro, S.L. e Santiago Regueiro García.
Último domicilio coñecido: Edificio Dolmen, portal 6, baixo, Cacheiras. 15886 Teo (A Coruña).
Acto notificado: resolución.
Infracción: artigo 31.2º.e) da Lei de industria.