Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39487

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de setembro de 2012, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no segundo cuadrimestre do ano 2012.

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 193, do martes, 9 de outubro de 2012, páxina 38728, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na segunda columna da segunda fila da táboa que inclúe o anexo á resolución, en referencia ao importe total do convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), Augas de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a planificación dos traballos de restauración e protección da zona baixa do río Umia, onde di: «Sen importe»; debe dicir: «300.000,00».