Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2012/231-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Polígono Industrial Chan da Ponte-Parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma LMTA Xeral Oleiros-Fiolledo-Corzáns-Ponteareas 2ª fase.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 1.688 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 22 da LMTA Fiolledo-Corzáns (1ª fase) e final no apoio existente nº 21 da LMTA Salvaterra-Ponteareas. A instalación discorre polas parroquias de Corzáns e Pesqueiras, Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra