Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 133/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: novas saídas subestación do Río do Pozo.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea subestación Río do Pozo-LMTS ao CT Río do Pozo, 23, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, con orixe na cela de liña existente na subestación de Río do Pozo (expediente IN407A 2008/496), condutor tipo RHZ1-2 OL (AS)-12/20 kV, 3 (1×240 Al) e final na LMTS ao CT Río do Pozo, 23 (expediente IN407A 2007/127), cos primeiros 20 m baixo a canalización existente (expediente IN104A 2008/581).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea subestación Río do Pozo-LMTS ao CT Río do Pozo, 15, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, con orixe na cela de liña existente na subestación de Río do Pozo (expediente IN407A 2008/496, condutor tipo RHZ1-2 OL (AS)-12/20 kV, 3 (1×240 Al) e final na LMTS ao CT Río do Pozo, 15 (expediente IN407A 2007/127), cos primeiros 20 m baixo a canalización existente (expediente IN407A 2008/581).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea subestación Río do Pozo-LMTS ao CT Río do Pozo, 22, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, con orixe na cela de liña existente na subestación de Río do Pozo (expediente IN407A 2008/496), condutor tipo RHZ1-2 OL (AS)-12/20 kV, 3 (1×240 Al), e final na LMTS ao CT Río do Pozo, 22 (expediente IN407A 2007/127), sendo os primeiros 20 m baixo canalización existente (expediente IN407A 2008/581).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña