Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica CS, LMT e CT Frunatur, no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/44-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Frunatur, S.A.

Domicilio social: rúa 1, nº 10, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: CS, LMT e CT Frunatur.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento.

– LMT subterránea de 190 m a 20 kV, con condutor RHZ1-12/20 kV e con orixe na LMT subterránea de Fenosa e remate no CT proxectado prefabricado de 250 kVA, R/T20.000/400-230 V.

Orzamento: 72.047,95 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 12 de setembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense