Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato non suxeito a regulación harmonizada de elaboración do proxecto construtivo e execución da obra pública hidráulica dos colectores xerais de saneamento e da estación depuradora de augas residuais en Gandarío, Bergondo (A Coruña), de clave OH.315.992, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: contrato administrativo conxunto de elaboración de proxecto e execución de obra.

d) Obtención de documentación e información:

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es

– Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copybelén, na rúa Rosalía de Castro nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

Descrición e lugar de execución: elaboración do proxecto construtivo e execución da obra dos colectores xerais de saneamento e estación depuradora de augas residuais en Gandarío, Bergondo (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.992.

Orzamento base de licitación: importe neto: 3.547.705,55 euros. Importe total: 4.292.723,72 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %. Tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.4: ampliación e/ou adecuación das estacións depuradoras de augas residuais existentes, construción de novas plantas e a súa posta en marcha e explotación.

Prazo de execución (meses): trinta e oito (38).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e e grupo K, subgrupo 8, categoría e.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a exixida para o contrato.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: para as empresas non españolas de estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 30 de novembro de 2012.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no Rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) A data e a hora: as aperturas en acto público do sobre B o 17 de decembro de 2012 ás 9.00 horas e a apertura do sobre C terá lugar na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous (2) días hábiles de antelación á súa realización.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto do contrato indicado no punto 2 anterior está cofinanciado polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3. Medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.

– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras: admítense nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os dos actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicos no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia