Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 17 de setembro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00534-O-2012 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 17 de setembro de 2012

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción

imposta

PO-00534-O-2012

4627FXF

Ttes Reciclados Áridos de Vigo, S.L.

B36855443

Zamora 86 6-B

36203 Vigo (Pontevedra)

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 2,5 % ata o 6 %, en vehículos de máis de 20 t. Exceso de peso superior ao 5 %.

13.2.2012; 18.34; PO510; 0

Art. 142.2 LOTT, art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

381 euros

PO-00847-O-2012

C-6715-BC

Garda Civil 3603 V93728C

Coo Álvarez Enrique, 000407093e, S.L.N.E.

B15912314

Berdoias 2

15129 Vimianzo (A Coruña)

A realización de transporte privado en vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquer outra causa perdese a súa validez.

23.2.2012; 04.15; AP9 V; 4

Art. 142.25 LOTT, art. 141.13 LOTT, art. 199.25 ROTT, art. 198.13 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT, art. 201.1.b) ROTT

400 euros