Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a presentación do permiso de investigación Nuevo Boliche 3120, no concello de Sanxenxo, por parte da sociedade Incremento Grupo Inversor, S.L.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra fai saber que Incremento Grupo Inversor, S.L., con CIF B-97928162 e domicilio social nas Minas de San Fins, 1, Santa Eulalia de Vilacova 15212 Lousame (A Coruña), presentou nesta xefatura territorial, o día 17 de xuño de 2008, solicitude do permiso de investigación denominado Nuevo Boliche sobre unha superficie de vinte e cinco cuadrículas mineiras para a investigación de recursos da sección C (estaño, volframio e outros), situado no termo municipal de Sanxenxo e ao cal lle correspondeu o número 3120.

A designación do terreo en coordenadas xeográficas é a seguinte:

Vértices

Lonxitude

Latitude

V1

8º 51’ 40’’

42º 25’ 20’’

V2

8º 50’ 00’’

42º 25’ 20’’

V3

8º 50’ 00’’

42º 23’ 40’’

V4

8º 51’ 40’’

42º 23’ 40’’

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público en cumprimento do artigo 70 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría, para que calquera que se considere interesado poida examinar o expediente e presentar as alegacións que considere oportunas, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días.

Pontevedra, 13 de agosto de 2012

P.A. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial