Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva da solicitude do permiso de investigación Grixoa número 7163.

Por Resolución do 11 de novembro de 2011 pola que se aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Río Narcea Gold Mines, S.L. do permiso de investigación Grixoa, de 8 cuadrículas mineiras, para a investigación de recursos mineiros da sección C), ouro e afíns, nos termos municipais de Santa Comba e Zas, na provincia da Coruña.

A esta solicitude correspóndelle o número 7163 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 54’ 40’’ W

43º 2’ 00’’ N

2

8º 52’ 00’’ W

43º 2’ 00’’ N

3

8º 52’ 00’’ W

43º 1’ 40’’ N

4

8º 54’ 40’’ W

43º 1’ 40’’ N

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar; praza de Luís Seoane, s/n, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG número 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 10 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña