Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de prego de cargos, incoado por Acordo do 19 de xullo de 2012 da Secretaría Xeral Técnica desta consellería.

Intentada a notificación do prego de cargos segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, comunícaselle ao interesado o contido da notificación que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportuna, no prazo de dez días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, continuarase coa tramitación do procedemento.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia do prego de cargos, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos: José Ramón Rodríguez Ures.

DNI/NIF: 32765823T.

Último enderezo coñecido: r/ Curros Enríquez, 39, 2º A, O Temple, 15679 A Coruña.

Contido da notificación: notificación de prego de cargos do expediente disciplinario incoado por acordo do 19 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola presunta comisión duns feitos polos que podería incorrer nas faltas tipificadas no Decreto 94/1991, do 20 de marzo, e na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Data da notificación: 8.8.2012.