Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (532/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 532/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Gómez Naveira contra a empresa Delfos Solucións e Proxectos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 532/2012. É demandante Carmen Gómez Naveira, asistida polo letrado Sr. Prado Peteiro, e demandada a empresa Delfos Solucións e Proxectos, S.L.. Foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Carmen Gómez Naveira contra a empresa Delfos Solucións e Proxectos, S.L., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións anteriores ao despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente resolución, ascenden á cantidade de 4.588,38 euros, aos que haberán de engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 26,83 euros diarios, e a extinción da relación laboral con aboamento a Carmen Gómez Naveira da cantidade de 4.587,93 euros en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado, o representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E, para que sirva de notificación a Delfos Solucións e Proxectos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

A secretaria xudicial