Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de licitación da subministración do equipamento e amoblamento do centro de día para atención a persoas maiores.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Lousame. b) Dependencia: Secretaría. c) Obtención de documentación e información: Concello de Lousame.

2. Obxecto do contrato: subministración do equipamento e amoblamento do centro de día para atención a persoas maiores de Lousame. División: catro (4) lotes.

Lugar de entrega: Casa do Concello ou lugar en que este indique, dentro do termo municipal.

Prazo de entrega: ata o 10 de decembro de 2012.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación IVE incluído: 157.840,19 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Clasificación: non se exixe.

7. Prazo de presentación: oito (8) días naturais desde a publicación deste anuncio no BOP da Coruña. Documentación: conforme a cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas.

8. Apertura de ofertas: Casa do Concello de Lousame ás 11.30 horas do quinto día hábil seguinte ao do remate do prazo para a presentación das proposicións. No suposto de que ese día coincidise en sábado, o seguinte día hábil.

9. Gastos de publicidade: ata un importe máximo de 600,00 euros.

Lousame, 17 de outubro de 2012

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa