Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40303

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 205/2012, do 25 de outubro, polo que se dispón que cese Juan Carlos Fernández Fasero como director da Axencia Galega das Industrias Culturais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e do artigo 20 do Decreto 150/2012, do 12 de xullo, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de outubro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese Juan Carlos Fernández Fasero como director da Axencia Galega das Industrias Culturais, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de outubro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria