Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40405

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (609/2012).

Número de autos: despido objetivo individual 609/2012.

Demandante: Ángel Queijo Carreira.

Avogado: José Nogueira Esmoris.

Demandados: Rehabilitaciones Hércules, S.A., Fogasa, S.A., Administrador Concursal Rehabilitaciones Hércules.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 609/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Queijo Carreira contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., Fogasa, S.A., Administrador Concursal Rehabilitaciones Hércules, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 725/2012.

A Coruña, un de outubro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente despedimento obxectivo individual 609/2012, por instancia de Ángel Queijo Carreira e comparece no seu nome e representación o letrado José Nogueira Esmoris, contra Rehabilitaciones Hércules, S.A. e Fogasa, que non comparecen, e pola Administración Concursal Rehabilitaciones Hércules, S.A. comparece o administrador Manuel Jesús Dosio López.

En nome do Rei pronunciou a seguinte sentenza:

Decisión:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ángel Queijo Carreira fronte á empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., Administración Concursal de Rehabilitaciones Hércules, S.A. e Fogasa; en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data da presente sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada a que aboe a indemnización de 10.017,95 euros (dez mil dezasete con noventa e cinco céntimos de euro).

2. E coa obriga da Administración Concursal e do Fogasa de pasar pola presente resolución nos termos previstos na Lei concursal e o artigo 33 do ET, respectivamente.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0609 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0609 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., expídese o presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 4 de outubro de 2012

O secretario xudicial