Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 165/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación LMTS Camiño do Souto Vello-bombeo Pombal.

Situación: concello de Fene.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,743 km, coa orixe en paso aerosubterráneo que se realizará en apoio de celosía existente s/n da LMT VDC-704, tramo entre a derivada ao CT O Pote Maniños (expediente 22.370) e o CT Pereiro (expediente 3.853), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 mm² Al) e final en paso aerosubterráneo que se realizará en fachada de caseta do CT Pereiro (expediente 3.853), onde se conectará coa LMT VDC-704 antes do seccionador tripolar existente no interior da caseta, despois de realizar entrada e saída no CS bombeo Pombal que instalará o cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña