Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Rois (expediente IN407A 2012/195-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Lois Gómez Rogelio y José Manuel, S.C.

CIF: J15582620.

Domicilio social: Macedos, s/n, Urdilde, 15281 Rois.

Denominación: LMTS de 900 m orixe en CT Pedre e remate en CT 630 kVA da granxa de visóns.

Situación: concello de Macedos s/n, Urdilde.

Características técnicas: LMTS 20 kV, lonxitude de 900 m e cable RHZ1 12/20 kV-3×240 Al; CT en caseta prefabricada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400 V, refrixeración: ventilación natural.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, praza Luis Seoane s/n, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 23 de outubro de 2012

Susana Vazquez Romero
Xefa territorial da Coruña