Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para asegurar a calidade nos procedementos TIC na execución dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050, cofinanciados nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Fondo Tecnolóxico (expediente AB-SER1-12-024).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-12-024.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para asegurar a calidade nos procedementos TIC na execución dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72225000-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 128, do 5 de xullo de 2012.

Boletín Oficial del Estado nº 154, do 28 de xuño de 2012.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2012/S 120-199598, do 26 de xuño de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 467.125 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 404.000 euros. Importe total: 476.720 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12.9.2012.

b) Data de formalización do contrato: 3.10.2012.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 343.400 euros. Importe total: 415.514 euros.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos