Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012 pola que se somete ao trámite de información pública a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica PO-315, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 11+240 e 11+520.

Aprobada provisionalmente mediante a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 15 de outubro de 2012 a delimitación da liña límite de edificación da estrada autonómica PO-315, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 11+240 e 11+520, e de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, e no artigo 85 do Regulamento xeral de estradas, aprobado polo Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, sométese a antedita delimitación a información pública por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida formular as alegacións que considere pertinentes.

Os documentos que se someten a información pública son a antedita Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 15 de outubro de 2012 e o plano no cal se establece a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica PO-315, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 11+240 e 11+520.

O expediente estará exposto ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais desta Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), no Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, 43) e na Casa do Concello de Cangas (avenida de Castelao, 2).

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

Ethel Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas