1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 27 87.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 22.11.2012.
d) Número de expediente: AB-SER1-12-027.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de desenvolvemento evolutivo do Sistema de información hospitalario de Galicia (SIHGA), para a execución dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 31.12.2013.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72222000-7.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
criterios non valorables automaticamente (sobre B) |
|
Metodoloxía de traballo e definición do plan de participación dos recursos |
0-20 |
Plan de evolución dos sistemas |
0-30 |
Criterios valorables automaticamente (sobre C) |
|
Oferta económica |
0-40 |
Parámetros de servizo de soporte |
0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 1.639.736 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 819.868 euros. Importe total: 992.040,28 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2, categoría C.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22.11.2012.
Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.
11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 17.10.2012.
12. Outras informacións: o expediente está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico nun 70 %.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos