Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 17 de outubro de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0042/2012-VNA.

Denunciada: Clara Fervenza Táboas.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0265/2012-IPR.

Denunciado: Viorel Neagu.

Acto de notificación: acordo de incoación.