Por acordo do Pleno do Concello de Miño, en sesión extraordinaria do 28 de setembro de 2012, aprobouse definitivamente o modificado II do estudo de detalle para a ampliación do cemiterio de Bemantes, promovido pola asociación de veciños A Irmandade de Bemantes.
En cumprimento do disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o anuncio de aprobación definitiva remítese ao Diario Oficial de Galicia para a súa publicación.
Miño, 17 de outubro de 2012
Juan A. Maceiras Barros
Alcalde