Nas actuacións de recurso de suplicación número 2120/2009-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 981/2008, do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Construcciones Crisanto Gores Costas, S.L., sobre reintegro de prestacións, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:
«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do 4 de marzo de 2009 ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en proceso sobre seguridade social, promovido por Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra o recorrente, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Construcciones Crisanto Gores Costas, S.L., e confirmamos a sentenza impugnada.
Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:
– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).
– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).
Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».
Advírteselle á parte, Construcciones Crisanto Gores Costas, S.L., que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co recollido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.
E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones Crisanto Gores Costas, S.L., con último domicilio coñecido en travesía de Vigo, 120, 4º B, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.
A Coruña, 5 de outubro de 2012
A secretaria xudicial

