Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Eelectra del Zas, S.L.
Domicilio social: Vilar do Mato, nº 27, 15850 Zas (A Coruña).
Denominación: punto de entroncamento e seccionamento LMTA en Zas.
Situación: concello de Zas.
Características técnicas:
Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 12 m, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no centro de seccionamento de Fenosa, e final no centro de seccionamento proxectado.
Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 10 m, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final en paso aerosoterrado que se instalará en torre de celosía tipo C-3000/16 proxectada.
Liña de media tensión aérea, a 20 kV, con condutor LA-56, cunha lonxitude de 254 m, con orixe na torre de celosía tipo C-3000/16 proxectada, e final na torre de celosía tipo C-2000/14 proxectada da LMT de interconexión CT Xallas e E. de Zas (expediente IN407A 1996/252).
Centro de seccionamento en caseta prefabricada de formigón composto polas seguintes celas: dúas celas de liña, unha cela de interruptor automático motorizado, unha cela de medida, unha cela de protección do transformador de servizos auxiliares; así como un transformador de servizos auxiliares de potencia 15 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 23 de outubro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

