Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42620

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Decreto 214/2012, do 8 de novembro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 14 de novembro de 2012.

Advertidos erros no Decreto 214/2012, do 8 de novembro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 14 de novembro de 2012, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 215, do 12 de novembro de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 42223, suprímese a epígrafe «Residencia Geriatros Vimianzo».

Na páxina 42185, onde di:

«Concesión: V-0533; XG-035.

Concesionario: Autocares Manuel García Castro, S.L.

Avión-Pontevedra.

• Saídas de Avión: 7.00 h.

Verducido-Pontevedra.

• Saídas de Verducido: 7.15 h.

A Lama-Pontevedra por Montecelo.

• Saídas de Pontevedra: 20.00 h.»,

debe dicir:

«Concesión V-0533; XG-035.

Concesionario: Autocares Manuel García Castro, S.L.

A Lama-Pontevedra:

• Saídas da Lama: 7.30 h.

• Saídas de Pontevedra (E.A.): 13.00 e 20.00 h.».