Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43204

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 7 de novembro de 2012 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 28 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN315A).

O día 9 de xullo de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 28 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN315A).

No artigo 18 das bases reguladoras da Orde do 28 de xuño de 2012, establécese que para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa, tendo de prazo máximo ata o 1 de decembro de 2012 (inclusive). O elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes. Co fin de garantir a maior eficacia posible das referidas subvencións e dado que non se causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único.

Amplíase ata o 20 de decembro de 2012 (inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención ao abeiro da citada Orde do 28 de xuño de 2012 de fomento do sector mineiro galego.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria