Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos cuxo número se cita no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poderen examinar o expediente, no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decidan non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, e determinarase para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro), e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG nº 155, do 12 de agosto), e no Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 2 de novembro de 2012

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Canarios Ríos, C.B. (Ángel Canario Guzmán)

34283467-N

LU-E 106/12

26.e) LO 1/1992

R/ Serra Gañidoira nº  5-1º esqda., Lugo

Ata 90 €

Dolce Pub, S.L. (Juan Rogero Ayllón)

B-27385665

LU-E 112/12

26.e) LO 1/1992

Praza Arquitecto Fernando Casas Novoa nº 3, Lugo

Ata 90 €

Yamid Sebastian Aenao Hortiz

X-4341883-N

LU-E 113/12

26.e) LO 1/1992

R/ Castelao nº 64-4º esqda., Lugo

Ata 150 €

Abel Germán Martínez Rodríguez

34262543

LU-E 117/12

26.e) LO 1/1992

R/ Jacinto Benavente 6, ático U, Monforte de Lemos

Ata 300 €

ASJ y NFL Hostelería, S.L.U.

B-27421072

LU-E 118/12

26.e) LO 1/1992

Estrada da Costa nº 26, Benquerencia (Barreiros)

Ata 90 €

Lucense de Hostelería, S.L.

B-27345511

LU-E 122/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

R/ Doutor Fleming 5, Lugo

Ata 301 €

ASJ y NFL Hostelería, S.L.U.

B-27421072

LU-E 123/12

26.e) LO 1/1992

Estrada da Costa nº 26, Benquerencia (Barreiros)

Ata 150 €

Roberto Montero Novo

34637122-L

LU-E 124/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

Avda. Deputación nº 3, porta B, O Valadouro

Ata 600 €

Roberto Montero Novo

34637122-L

LU-E 125/12

23.m) LO 1/1992

Avda. Deputación nº 3, porta B, O Valadouro

Ata 301 €

Roberto Montero Novo

34637122-L

LU-E 126/12

23.ñ) LO 1/1992

Avda. Deputación nº 3, porta B, O Valadouro

Ata 301 €

Lucense de Hostelería, S.L.

B-27345511

LU-E 128/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

R/ Doutor Fleming 5, Lugo

Ata 301 €