Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de outubro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01394-O-2012 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 26 de outubro de 2012

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-01394-O-2012

LU-9057-S

Garda Civil 2704 B35573I

Sousarias, S.L.

B32282220

José María Pereda Álvarez, 4

32600 Verín (Ourense)

A realización de transporte privado en vehículo pesado, carecendo de autorización

16.7.2012; 15.00; AG-64; 44,900

Art. 141.13 LOTT, art. 198.13 ROTT

Art. 201.1.e) ROTT, art. 143.1.e) LOTT

1.001 euros

LU-01465-O-2012

3769-DWK

Garda Civil 2704 N31187R

Transdinort Coruñesa, S.L.

B15873425

Avda. Peruleiro, 8 - 1º I-C

15011 Coruña (A)

Realizar transporte público en vehículo pesado, carecendo de autorización por non ter realizado o seu visado regulamentario

17.8.2012; 11.15; LU-120; 11,00

Art. 140.1.2 LOTT, art. 197.1.2 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT, art. 201.1.i) ROTT

4.601 euros

LU-01522-O-2012

6971-DYT

Garda Civil 2701 R10457X

Publicidad Nica, S.L.

B27129592

San Martiño de Hombreiro, 7

27003 Lugo

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario para vehículos lixeiros de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 LOTT. (*)

21.6.2012; 16.20; N-VI; 507

Art. 141.31 LOTT, art. 140.1.6 LOTT, art. 197.1.6 ROTT, art. 198.31 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros

LU-01571-O-2012

2320-GDM

Garda Civil 2700 T95526U

Transportes y Servicios Inmediatos a Domicilio Asociados, S.L.

B70051230

Castelo, 84 planta B, pta. 3

15160 Sada (A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE), carecendo do correspondente certificado

24.8.2012; 15.25; LU-122; 20,00

Art. 141.19 LOTT, art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e) LOTT, art. 201.1.e) ROTT

1.001 euros

LU-01587-O-2012

0036-GXW

Garda Civil 2701 R10457X

Templo Food Services, S.L.

B83458729

Pg. Bergondo - r/ Parroquia Lubre

nave G 20 - 2

15165 Bergondo ( A Coruña)

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 11 %

4.9.2012; 18.36; A-6; 540,00

Art. 142.2 LOTT, art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

351 euros