Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 25 de outubro de 2012, da Xerencia Executiva do Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 209/2011, do 27 de outubro (DOG núm. 213, do 8 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario; teléfono 986 56 80 53.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Vilagarcía de Arousa, 25 de outubro de 2012

Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo de O Salnés

anexo

Nome do paciente

DNI/NIF

Rodrigues, Tatiane

X7900515S

Gómez Abal, Luciano

035466626M

Nache Mónica Mariana

X06966273X

Moses --- Juliet

X02674122G

Quintanilla Miguel Lorena

071301521A

Jamardo Rivadulla, Andrés Alberto

035487085V