Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de peixe e cordeiro conxelado e peixe fresco do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (MS-CHC1-12-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: MS-CHC1-12-009.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de peixe e cordeiro conxelado e peixe fresco do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

c) Lotes (de ser o caso): si (1-2-3-4).

d) CPA (referencia de nomenclatura): 10.20.13-10.20.31-10.11.33.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 15220000-6 e 15100000-9.

f) Acordo marco (se procede): si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (suxeito a regulación harmonizada).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 369.099,07 euros. IVE: 8 %. Importe total: 398.627,00 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31.8.2012.

b) Data de formalización do contrato: 28.9.2012.

c) Contratista:

– Lote 1 deserto.

– Congelados Troulo, S.A. (lote 2).

– Lote 3 deserto.

– Isidro de la Cal Fresco, S.L (lote 4).

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Lote 2: 46.800,00 euros. Importe total: 51.480,00 euros (engadido o 10 % de IVE).

– Lote 4: 22.020,00 euros. Importe total: 24.222,00 euros (engadido o 10 % de IVE).

A Coruña, 1 de outubro de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña