Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado a un afectado, como consecuencia dun recurso de alzada contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesada: Mª Pilar Casal Canay.

Último enderezo coñecido: Outeiriño, nº 24, Briallos, 36658 Portas (Pontevedra).

Acto notificado: como consecuencia do recurso de alzada interposto por Mª Carmen Pulleiro Silva contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de Aguledo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que afecta a vostede.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e está suxeita á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará á súa disposición nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural e do Mar, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 54 47 68.

Modificación que se propón:

1. Modificar a configuración xeométrica do predio nº 534 do polígono 4 do acordo (do propietario nº 267), que queda cunha superficie de 2.106 m2 e 737,10 puntos de valor.