Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 7 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á clasificación como veciñais en man común de varias parcelas do monte coa denominación de Serra de Penaloba, a favor dos veciños da Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín (Santa María), no concello dos Blancos.

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar con data 10 de outubro de 2012, iniciar o expediente de clasificación de determinadas parcelas como veciñais en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Os Blancos.

Denominación do monte: Serra de Penaloba.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín (Santa María).

Superficie total: 76 ha aproximadamente.

Parcelas catastrais que forman o monte: concello dos Blancos, polígono 53, parcelas: 344, 566 (clasificación de parte da parcela) e 567; concello de Baltar, polígono 43, parcelas 163 (clasificación de parte da parcela) e 166 (clasificación de parte da parcela).

Estremas:

Norte. Polígono 53, parcelas 403 (Rosa Forneiro Días), 404 (Francisco García Carballo), 405 (Antonio Díaz Blanco), 420 (María del Pilar Blanco Pena), 421 (Andrés Cerradelo González), 408 (María del Pilar Blanco Pena), 409 (Josefa Lama Lemus), 410 (Sergio Lama Opazo), 411 (Celso Iglesias Pena), 412 (María del Pilar Blanco Pena), 413 (Rosa Carballo Lorenzo), 414, 419 e 249 (en investigación), 422 (Manuel Salinas Pena), 424, 425 e 208 (Erundina Pena Olmos), 426 (José Antonio Cuquejo Mora), 427 (Delfín Olmos Fernández), 428 e 621 (José Cuquejo Olmos), 429 (José Olmos Fernández), 430 (Francisco Olmos Díaz), 431 (Avelino Farto Vázquez), 432, 434 e 250 (Francisco García Carballo), 9009 (camiño), 213 (José Pena Campos), 214 (María Pardo Campos), 204 e 628 (Carmen Lorenzo Cuquejo), 605 e 611 (José Martínez Devesa), 608 (María Campos Carballo), 609 (Juan Carballo Pérez), 610 (Concepción Pardo Campos), 612 (Manuel Olmos Gómez), 622 (Césareo Rodríguez Arias), 623 (Benito Arias López), 625 (Rosa Forneiro Díaz), 626 (Rudesindo Trigo Lorenzo), 627 (Rafael Lorenzo Cuquejo); polígono 52, parcela 9006 (camiño).

Sur. Propietarios enumerados de leste para oeste: monte veciñal en man común Serra de Gomariz e Pedroso, pertencente a Gomariz, no concello de Baltar, polo límite de termos municipais dos Blancos-Baltar (parcelas catastrais 163 e 166 do polígono 43 do concello de Baltar); monte veciñal en man común Gorita, Corgo, Pelitrán e Solleira, pertencente a Penalonga, no concello dos Blancos (parcela catastral 566 do polígono 53 do concello dos Blancos).

Leste. Polígono 53, parcelas 638 (Eloy Ferreiro Salinas), 639 (Pura Campo Campor), 643, 520, 535 e 536 (Erundina Pena Olmos), 645 e 538 (Manuela Díaz Parada), 647 e 488 (Emilio Martínez Pardo), 482 (María Fe Cerredelo Díaz), 483 (Celso Iglesias Pena), 9002 e 9003 (camiño), 484 (Sergio Lama Opazo), 485 (José Martínez Fernández), 486 e 565 (Antonio Carballo Lorenzo), 487 (Antonio Pazo Opazo), 491 (Josefa Carballo Cuquejo), 495 e 568 (en investigación), 501 (Josefa Olmos Díaz), 505 (María del Pilar Blanco Pena), 509 (María del Carmen Trigo Lorenzo), 511 (José Pena Casares), 512 (Manuel Jesús Opazo Díaz), 519, 532, 534 e 557 (Antonio Díaz Blanco), 521 (Francisco García Carballo), 522 (Virginia Rodríguez Arias), 633 (José Feijoo Díaz), 539 (Avelino Alonso Trigo), 537 e 551 (Rosa Forneiro Díaz), 541, 542, 552, 554, 558, 562 e 563 (descoñecido), 553 (Juan Opazo Opazo), 561 (José Luis Opazo Díaz), 564 (Rosa Alonso Jardón).

Oeste. Propietarios enumerados de sur para norte: monte veciñal en man común Gorita, Corgo, Pelitrán e Solleira, pertencente a Penalonga, no concello dos Blancos (parcelas catastrais 566 e 342 do polígono 53 do concello dos Blancos), e as seguintes parcelas do polígono 53: 395 (Pilar Olmos Jardón), 390 e 365 (Francisco García Carballo), 9007 e 9008 (camiño), 370 (José Cuquejo Olmos), 369 (Francisco Olmos Díaz), 368 (Manuel Olmos Gómez), 366 (Benito Pena Lorenzo), 364 (Pilar Estévez Pena) e 400 (Juan Opazo Opazo).

O monte en clasificación presenta un enclave composto polas parcelas catastrais números 435 a 481 (ambas inclusive) do polígono 53 do concello dos Blancos.

Ponse o anterior en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 7 de novembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense