Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello da Rúa (expediente IN407A 2012/54-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS e CT Fontei-A Rúa.

Situación: A Rúa.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 500 m de lonxitude con condutor RHZ1 e orixe na LMT ao CT 32CB88 Arnaveca e remate no CT 32CL62 Padre Feijóo con entrada e saída no CT proxectado, prefabricado de 400 kVA, R/T 20.000/400-230 V.

RBT aereosubtarránea de 20 m en aéreo con condutor RZ 0,6/1 kV e 583 m en subterráneo con condutor XZ1 0,6/1 kV, derivada do CT proxectado Fontei.

Orzamento: 115.981,44 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 29 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense