Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña) para ser notificado por comparecencia de trámite de audiencia en expediente de recurso contra o acordo da devandita zona, no cal resulta afectado.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesado: José Santalla Veiga.