Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44203

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (63/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Francisco Javier Pardo Domínguez contra Impersport del Principado, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 63/2010, acordouse notificar a Impersport del Principado, S.L., en ignorado paradoiro, a parte dispositiva da sentenza ditada:

«Resolvo:

Que estimando en parte a demanda interposta por Francisco J. Pardo Domínguez contra a empresa Impersport del Principado, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dez mil trescentos oitenta euros e oitenta e un céntimos (10.380,81 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela se pode interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Se for recorrente a empresa demandada, deberá demostrar, exhibindo ante este xulgado o comprobante, ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta no Banesto, cuxa consignación en metálico se pode substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista; débese acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer; sen este requisito non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de citación a Impersport del Principado, S.L., expídese el presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de novembro de 2012

A secretaria xudicial