Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44279

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública relativo ao estudo de detalle para reaxuste de rasantes do viario no ámbito do sector 10, parque ofimático.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 2 de novembro adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para reaxuste de rasantes do viario no ámbito do sector 10, parque ofimático.

Segundo. Someter o estudo de detalle ao trámite de exposición pública durante o prazo de vinte días hábiles, mediante publicacións no Diario Oficial de Galicia, na prensa local e na páxina web do Concello.

Terceiro. Ordenar a dilixencia do estudo de detalle.

Cuarto. Notificar o presente acordo aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Infraestruturas, Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico e Oficina do GIS.

Quinto. Pedir os informes sectoriais necesarios para a tramitación do expediente.

O estudo de detalle sométese ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e presentar as alegacións que considere oportunas. A consulta pódese efectuar no Departamento de Planeamento da Área Municipal de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto 1-3), en horario laboral, de luns a venres, así como na páxina web do Concello.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo