Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2012, da XefaturaTerritorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2012/24-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A..

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32000 Velle.

Denominación: LMT e CT Bodega Godeval.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV de 22 m, con condutor LA 56/54,6 mm2, e orixe na LMT existente BDV705 Rubiá-Covas entre o CT Covas e o CT Veigamuíños e remate na LMT existente ao CT canteiras Cedie.

– LMT aérea a 15 kV de 104 m con orixe na LMT existente a canteiras Cedie e remate no CT proxectado intemperie Bodega Godeval de 160 kVA e R/T 15.000/400-230 V.

Orzamento: 25.552,39 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 2 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense