Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Trabada (expediente IN407A 2012/89-2, 8057 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eon Distribución, S.L.

Domicilio social: r/ Medio, 12, 39003 Santander.

Denominación: interconexión de liñas AT 132 kV Mondoñedo-Porzún e Doiras-Mondoñedo.

Situación: concello de Trabada.

Características técnicas:

Substitución do apoio existente nº 142 da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo por un apoio novo tipo Cóndor 27.000/21 armado especial, substitución do apoio existente nº 122 da LAT 132 kV Doiras-Mondoñedo por un apoio novo tipo Cóndor 27.000/15 armado especial.

LAT 132 kV con orixe no apoio novo nº 142 da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo e final no apoio novo nº 122 da LAT 132 kV Doiras-Mondoñedo, cunha lonxitude de 55 metros en condutor tipo LA-110 e cable de comunicacións OPGW 48 fibras. Quedan unidas electricamente as subestacións de Doiras e Porzún e os apoios novos preparados para volver a conexionar as liñas de maneira orixinal se for necesario.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo