Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44438

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (114/2008).

No procedemento concurso voluntario Obras y Edificaciones Seixo, S.L., Sección Sexta-cualificación, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Pontevedra, o 1 de marzo de 2012.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Propoñente da cualificación culpable: administración concursal (Álvaro Jaime Lois Puente, Rafael Moreno García, Diego Comendador Alonso).

Ministerio Fiscal.

Debedor en concurso: Obras y Edificaciones Seixo, S.L. Procuradora: Lourdes Martínez Cabrera. Avogado: Luis Alberto García-Pombo Fernández.

Chamado como afectado pola cualificación: Álvaro Méndez Gil (non comparecido).

Obxecto do xuízo: cualificación do concurso e eventuais consecuencias accesorias respecto do afectado pola cualificación.

«Decido que, estimando parcialmente as demandas de cualificación presentadas pola administración concursal e o Ministerio Fiscal na presente Sección Sexta do concurso ordinario 114/2008, en que é obxecto de concurso Obras y Edificaciones Seixo, S.L.:

Declaro culpable o concurso por concorrencia da causa prevista no artigo 164.2.1º (incumprimento substancial da obriga de levanza da contabilidade) da Lei concursal.

Declaro persoa afectada pola cualificación a Álvaro Méndez Gil e condeno o afectado pola cualificación, Álvaro Méndez Gil, á inhabilitación para administrar os bens alleos durante un período de tres anos, así como para representar ou administrar calquera persoa durante o mesmo período; á perda de calquera dereito que tivese como acredor concursal ou da masa, e a que pague aos acredores concursais o 20 % do importe dos créditos non percibidos na liquidación da masa activa.

Con desestimación das demais cuestións suscitadas.

Sen pronunciamento expreso en canto a custas.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interporá directamente neste órgano, logo da constitución de depósito por importe de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, domiciliada na entidade Banesto, no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Álvaro Méndez Gil, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 20 de abril de 2012

O/a secretario/a