Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1036/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1036/2010 por instancia de Lucía López Paz contra a empresa Norquimia Soluciones Químicas Centro XXII, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 18.10.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Lucía López Paz fronte a Norquimia Soluciones Químicas Centro XXI, S.L. con intervención do Fogasa e, en consecuencia, condénase a empresa Norquimia Soluciones Químicas Centro XXI, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de setecentos vinte euros con noventa e dous céntimos de euro (729,92 euros).

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Norquimia Soluciones Químicas Centro XXI, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

A secretaria xudicial