Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44509

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de exposición pública sobre solicitude de licenza de actividade para industria de fertilizantes compostos agrícolas.

Delagro, S.C. solicitou deste concello licenza municipal de actividade para industria de fertilizantes compostos agrícolas que se instalará no polígono industrial de Pena Porreira, parcela C3-B. Cumprindo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP ou DOG, co fin de que poida examinarse o expediente no negociado de licenzas de actividades deste concello e formularse por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

As Pontes de García Rodríguez, 13 de novembro de 2012

Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Facenda,
Urbanismo e Coordinación do Goberno