Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44511

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para taller de chapa e pintura.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de José María Calvo García o recoñecemento definitivo da edificación coa actividade correspondente de taller de chapa e pintura, que se situará no lugar de Espasandín, parroquia de Cícere, de acordo coa documentación técnica presentada.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 19 de outubro de 2012

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde