De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, arqueometría, grupo I, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas pola Resolución do 23 de decembro de 2011 (DOG do 5 de xaneiro e BOE do 24 de xaneiro de 2012), e tras comprobar que a persoa aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria.
O reitor, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos Estatutos da USC,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría de técnico superior de investigación, arqueometría, o aspirante que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.
Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou a resolución. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Categoría laboral: técnico superior de investigación, arqueometría.
Quenda: acceso libre.
Nº de orde: 1.
Apelidos e nome: Lantes Suárez, Óscar Floreal.
DNI: 79315329-J.