Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 8 de novembro de 2012 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento de reintegro relativo ao expediente de subvención BS620A 2011/09-0.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o Acordo do 22 de outubro de 2012 de procedencia do reintegro relativo ao expediente de subvención BS620A 2011/09-0, concedida ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para o mantemento e a promoción de actividades e programas na área de servizos sociais comunitarios, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Subdirección Xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Contra o acordo de procedencia do reintegro, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpor con carácter potestativo recurso de reposición perante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación do acordo.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Expediente: BS620A 2011/09-0.

Interesado: Asociación de Mediación Social de Galicia (NIF G70104815).

Último enderezo coñecido: rúa Venezuela, 12, 1º E, 36203 Vigo (Pontevedra).

Acto que se notifica: Acordo do 22 de outubro de 2012 de procedencia do reintegro relativo ao expediente de subvención BS620A 2011/09-0.