Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45061

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais, no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, de diversas categorías estatutarias de xestión e servizos.

Por Resolución do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, ábrese o prazo para a inscrición de aspirantes en listas para vinculacións temporais, no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, de diversas categorías estatutarias, entre elas, as de:

1. Técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

2. Técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data do 26.4.2012 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Unha vez comprobados os datos correspondentes aos requisitos, segundo o disposto no Pacto de selección temporal, subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., Cemsatse, CIG, CSIF, UGT e USAE, publicado no DOG nº 89, do 9 de maio de 2011; mediante Resolución conxunta do 26 de abril de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, procédese a dar publicidade das persoas admitidas e excluídas na dita xeración de listas de técnico/a superior en prevención de riscos laborais e de técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais.

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expedient-e, na epígrafe de «Procesos».

A documentación correspondente á formación ou titulación exixida para o acceso pode ser emendada no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, así como tamén os erros materiais que as persoas aspirantes teñan producido.

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos.

As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é por causa de que a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 26.4.2012, polo que sairán na seguinte xeración de lista, de acordo co pacto citado.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos