Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de novembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/144/2012.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o día 5 de novembro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Carmen Cambeiro Núñez en relación coas obras consistentes en parcelación urbanística e usos residenciais, que foron executadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, no lugar de Osedo, parroquia de Carnoedo, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística