Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45043

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Estatística no primeiro cuadrimestre de 2012.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2012, que se anexa a esta resolución

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre o Instituto Nacional de Estatística e o Instituto Galego de Estatística para a adopción de protocolos de intercambio de directorios estatísticos

18.4.2012

0 €