Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45070

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (439/2011).

Nos autos de referencia ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza 107/2012.

Cambados, 14 de setembro de 2012.

Vistos por min, Mª Carmen Bóveda Soto, xuíza substituta deste xulgado, os presentes autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade seguido entre partes dunha como demandante Arrendamentos Almapa, S.L., representada pola procuradora sra. Santos García e asistida polo letrado sr. Cacabelos Montes, en substitución da letrada sra. Gallur Copado, e doutra como demandada Ana María Fernández Cendón, que está en situación procesual de rebeldía, procede ditar sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por Arrendamentos Almapa, S.L. contra Ana María Fernández Cendón e proceden os seguintes pronunciamentos:

a) Condénase a Ana María Fernández Cendón ao pagamento á entidade demandante Arrendamentos Almapa, S.L. da cantidade de 13.472,72 euros en concepto de principal máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda ata a data desta sentenza e os da demora procesual do artigo 576 da LAC desde a data desta sentenza ata o completo pagamento.

b) Condénase a Ana María Fernández Cendón ao aboamento das custas causadas neste procedemento.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación a Ana María Fernández Cendón, en situación de rebeldía procesual, expídese o presente edicto.

Cambados, 10 de outubro de 2012

O/a secretario/a