Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45107

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento dunha planta de fabricación de produtos lácteos no polígono industrial deste concello (expediente 2012/047/19).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2012/047/19 tramitado por instancia de Constante Manuel López García, en representación de Leiteiro, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dunha planta de fabricación de produtos lácteos, que se instalará na parcela C-13, nave 1, do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

O prazo será de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase á disposición do público, no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que, quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que crean oportunas.

Bergondo, 30 de outubro de 2012

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa