Moncina, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para apertura dun almacén de produtos de construción e ensamblaxe de mobiliario metálico, situado na parcela R4-sector IV-polígono Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.
Narón, 24 de outubro de 2012
Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral