Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45281

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO para a contratación de obras de reposición das instalacións defectuosas da subministración eléctrica e a iluminación pública no parque empresarial de Sanxenxo.

Aprobado o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación das obras de reposición das instalacións defectuosas que engloban a subministración eléctrica e a iluminación pública no parque empresarial de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria respectiva.

1. Obxecto: contrato das obras de reposición das instalacións defectuosas que engloban a subministración eléctrica e a iluminación pública no parque empresarial de Sanxenxo.

2. Prezo: 300.347,04 €, sen incluír IVE, o IVE ascende a 63.072,88 € e o orzamento máximo de licitación, co IVE é de 363.419,92 €.

3. Duración do contrato: tres (3) meses.

4. Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de valoración. Tramitación: ordinaria.

5. Prazo de presentación de ofertas: vinte e seis (26) días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio, sexa esta no BOP, DOG ou no perfil do contratante.

6. Lugar de presentación das ofertas: dirixidas á presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4, 36960 Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; e das 9.00 ás 13.00 horas, os sábados. Faise constar que se o prazo rematase en festivo ou sábado, ampliarase ao día hábil seguinte que non sexa sábado.

7. Mesa de contratación: será constituída consonte o disposto nas cláusulas 11, 12 e 13 dos pregos respectivos.

8. Condición específica de solvencia técnica/profesional: deberase acreditar mediante unha relación de, polo menos, tres (3) obras con obxecto de instalacións de subministración eléctrica e iluminación pública cun importe, cada unha, superior a 300.000,00 €, sen incluír o IVE, executadas no curso dos cinco (5) anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación.

9. Garantías: provisoria, non se exixe. Definitiva, o 5 % do prezo da adxudicación.

9. Criterios de adxudicación: serán os definidos nas cláusulas 9 e 10 dos pregos respectivos.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Negociado de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

12. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web:
www.sanxenxo.es. no perfil do contratante.

Sanxenxo, 16 de novembro de 2012

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo